O GOBERNO ANUNCIA EN ROMÁN A MELLORA DOS ACCESOS Á ABELAIRA E FIXA DE COMÚN ACORDO COS VECIÑOS/AS A MELLORA DO VIAL DA BARDELA COMO SEGUINTE PRIORIDADE

O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais no Concello de Vilalba, Modesto Renda, anunciou onte en Román a mellora dos accesos á Abelaira e fixou de común acordo cos veciños/as presentes a mellora do vial da Bardela como seguinte prioridade.

Na concorrida xuntanza, tomouse boa nota das demandas da parroquia e o Vicealcalde aproveitou para explicar as posibilidades de colaboración con vistas a dar cumprida resposta á reivindicada obra de pavimentación do aparcadoiro da Igrexa.

Renda, que agradeceu a grande afluencia de xente á reunión, lembrou a necesidade de investimentos que teñen as parroquias, pois, a mellora da rede viaria “é unha cuestión central para os veciños/as.”