O Vicealcalde e responsable de Mobilidade do Concello de Vilalba, Modesto Renda, informou da adopción de medidas de calmado de tráfico na Rúa Benxamín Paz e nos puntos máis conflitivos da zona rural. Unha nova actuación en aras de mellorar a seguridade viaria por parte do executivo vilalbés, que se complementou coa recolocación das dúas bandas reductoras da velocidade que causaban un trastorno na calidade de vida da veciñanza.
Así, reforzouse a sinalización e colocáronse novas bandas reductoras da velocidade na:
E recolocáronse as da:
Tal e como explicou Renda, o modelo de banda elixido foi ‘o menos agresivo do mercado’ (3 cm de altura) e a solicitada medida complementouse coa colocación de sinalización vertical, ‘co fin de darlle cumprimento á lexislación vixente’.