O CONCELLO RENOVA O VIAL QUE UNE OS BARRIOS DA BOUZA, A SARELA E O CARBALLAL, EN VILAPEDRE, POR VALOR DE 39.760€

O Concello de Vilalba segue investindo nas parroquias. O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, informou hoxe do remate das obras de renovación e mellora do vial que une os barrios da Bouza, a Sarela e o Carballal, na parroquia de Vilapedre.

Os traballos de rexeneración realizados ao longo da pasada semana foron financiados ao 100% con fondos municipais e o custo total desta nova actuación foi de 39.760 euros.

Renda contrastou o resultado coa veciñanza de ámbolos tres barrios e volveu facer fincapé na necesidade de dar cumprida resposta ás demandas das parroquias como obxectivo irrenunciable do Goberno Municipal.