O Concello de Vilalba comeza coa renovación do alumeado das parroquias de Codesido, Tardade, Gondaísque, Mourence, Distriz, Boizán e Santaballa
O Concello de Vilalba comeza coa renovación do alumeado das parroquias de Codesido, Tardade, Gondaísque, Mourence, Distriz, Boizán e Santaballa, cambiando todos os puntos de luz por tecnoloxía LED. Esta medida enfocada ao entorno rural da localidade vén motivada pola necesidade de renovar o alumeado antigo destas sete parroquias.
“Este cambio suporá unha mellora considerable na calidade lumínica e un aforro no custe da electricidade de 25 euros anuais por cada punto de luz” afirmou o tenente de alcalde, Rodrigo Pavón, “uns 25.000 euros de aforro no cómputo global para as arcas municipais”.
As parroquias mencionadas serán as primeiras nas que se realizará o cambio, pero “de xeito progresivo iremos renovando o alumeado de todas as parroquias do Concello”, unha medida necesaria que se sustenta “no coidado e atención ao noso rural”.
Aproveitando esta actuación, o goberno local elaborará un inventario de puntos de luz de todo o Concello para futuras melloras, “pensando sempre nos nosos veciños e veciñas, nunha boa dotación de servizos e na optimización e aforro dos recursos do Concello”.