O CONCELLO REMATA AS OBRAS DE MELLORA DO VIAL QUE UNE O BARRIO DE AGADÍN E A GRANDA NA PARROQUIA DE OLEIROS

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación e mellora dun novo vial na parroquia de Oleiros. Máis concretamente, trátase do tramo que comunica o barrio de Agadín coa Granda ata o seu remate na estrada de provincial LU-P-6501.

Os traballos realizáronse ó longo deste mes de Febreiro e o investimento en total do Concello en Oleiros no que vai de lexislatura suma 142.925€.

Tal e como explicou Renda, a mellora deste vial era un compromiso coa parroquia e avanzou que o Concello prepara xa a rexeneración completa da súa continuación en dirección ó barrio do Abeledo e ao Cal da Pena.