O alumnado, distribuído en dúas especialidades, recibirá formación teórica e práctica, así como un diploma que acredita a súa cualificación profesional
A alcaldesa, Marta Rouco, asinou onte os contratos dos 14 alumnos e alumnas que participan na quinta edición do obradoiro de emprego ‘Terra Cha no Camiño’ e que darán comezo á súa actividade esta mesma semana.
Como na edición anterior, haberá dúas especialidades diferentes, ‘Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos’ e ‘Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes en Vilalba’, con 7 alumnos e alumnas cada unha.
“A través desta iniciativa, dende o Concello, contribuímos a mellorar a inserción laboral dos nosos veciños e veciñas, que obterán destes obradoiros formación teórica e práctica para o seu desenvolvemento no mercado laboral”, explicou a alcaldesa, Marta Rouco.
Durante os vindeiros 12 meses, os alumnos e alumnas recibirán formación teórica e práctica, e ao rematar o obradoiro obterán un diploma que acredita a súa nova cualificación profesional.