O CONCELLO PRORROGA O PERÍODO NO QUE ESTÁ PERMITIDO AMPLIAR AS TERRAZAS

Estudará coa hostalería local outras medidas para os meses de inverno

Vilalba, 18 de decembro de 2020. O Concello de Vilalba ampliará o período no que as terrazas de hostalaría do municipio poden dispoñer de máis espazo na vía pública para aumentar a súa capacidade.

O prazo remataba o 31 de decembro pero o concello concretará cos representantes do sector a ampliación do mesmo, co obxectivo de axudar aos establecementos de hostalaría, moi perxudicados pola pandemia do coronavirus.

“Temos que facer todo o posible para axudar ao sector respectando por suposto os espazos públicos para os peóns, a tempada de Nadal é fundamental para a hostalaría e o comercio”, asegura Rodrigo Pavón, tenente de alcalde e concelleiro de Espazos Cidadáns, Relación ca Veciñanza e Servizos.

Ademais, o concello convocará aos representantes da hostalaría a unha reunión nos próximos días para estudar que medidas se poden adoptar durante os meses de inverno para adaptar e continuar coas terrazas e os espazos exteriores nos locais.

Estas iniciativas únense a outras como a suspensión da taxa que pagan os locais polas terrazas, que tampouco abonarán durante o ano 2021.