O CONCELLO PINTARÁ E SINALIZARÁ AS RÚAS DO POLÍGONO PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA E OS SERVIZOS ÁS EMPRESAS

O Concello de Vilalba acometará nas próximas datas o pintado e a sinalización horizontal e vertical das rúas e os espazos públicos do polígono industrial de Sete Pontes.

A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, visitaron o polígono co presidente dos empresarios de Vilalba, Moisés Carballeira, e o vicepresidente, Pedro Vidal.

“Consensuaremos coa directiva do polígono a actuación, para decidir de forma conxunta onde debemos sinalizar algúns accesos, os pasos de peóns ou outras sinalizacións”, explica Luis Fernández.

“Queremos a máxima colaboración cos empresarios, que son os que veñen a diario ao polígono, que as obras sirvan para mellorar a seguridade viaria e os servizos ás empresas instaladas aquí”, sostén Marta Rouco.

O obxectivo é realizar os traballos antes de que remate o ano, aínda que o ritmo das tarefas dependerá das condicións meteorolóxicas.