O CONCELLO MELLORA A SINALIZACIÓN DO CENTRO HISTÓRICO NA LIÑA DO RECLAMADO POLOS NEGOCIOS DA ZONA

O Concello de Vilalba mellora a sinalización do Centro Histórico, na liña do reclamado polos negocios da zona. Así o anunciou hoxe o Vicealcalde e responsable de mobilidade, Modesto Renda, quen deu hoxe conta dos cambios acompañado da edil de turismo e comercio, María Xosé Fernández.

CORRECTA SINALIZACIÓN DO APARCADOIRO PÚBLICO DAS PEDREIRAS:

A primeira das reclamacións dos establecementos comerciais ía encamiñada a por fin ás queixas dos visitantes, no relativo á insuficiente sinalización do aparcadoiro público das #Pedreiras.

Así colocouse nova sinalización vertical na:

– Rúa da Pedra

– Rúa Plácido Peña

– Praza de Santa María (1)

– Praza de Santa María (2)

REFORZO DA SINALIZACIÓN DO SENTIDO DE CIRCULACIÓN OBRIGATORIO EN CORONEL PENA E NA PORTA DE CIMA:

Unha medida tamén encamiñada a poñer fin ás queixas e dúbidas dos/as visitantes, no relativo ós sentidos únicos obrigatorios que menos se están a respetar na zona vella.

CORRECTA SINALIZACIÓN DOS ACCESOS AO CENTRO URBANO DENDE A RÚA DA FERRERÍA

Unha demanda (de anos) dos establecementos comerciais e hostaleiros, coa que se lle facilitará a entrada ó centro urbano ós visitantes que acceden a Vilalba dende as autovías.

O ACCESO POLA RÚA GARCÍA MATO PARA O TRÁFICO RODADO PROHIBIDO, AGÁS PARA OS E AS RESIDENTES CON GARAXE

Unha reclamación neste caso máis veciñal que comercial que porá fin aos estacionamentos nesta rúa de dirección única e pouco marxe circulatorio, que tantos problemas estaban a dar ós residentes á hora de poder saír dos seus garaxes.

CORRECTA SINALIZACIÓN DA LIMITACIÓN DO ESTACIONAMENTO QUE CONTEMPLA A ACTUAL FASE PILOTO DE PEONALIZACIÓN DA PRAZA DE SANTA MARÍA

Outra reclamación lóxica dos establecementos comerciais e hostaleiros, tamén, en aras de facer máis sinxelo o cumprimento das novas normas a veciños/as e visitantes, coa colocación de varios paneis informativos nas entradas da praza.