O CONCELLO INSTALA 13 NOVOS BOLARDOS FLEXIBLES E REFORZA A SINALIZACIÓN HORIZONTAL PARA FACILITAR A ENTRADA E SAÍDA DE GARAXES E CRUCES CON POUCA VISIBILIDADE

O Vicealcalde e responsable de mobilidade Modesto Renda anunciou hoxe a instalación de 13 bolardos e o reforzo da sinalización horizontal en varias rúas do centro urbano, co obxectivo último de facilitar a entrada e a saída de garaxes e cruces con pouca visibilidade.

Unha nova actuación, que lle dá continuidade á efectuada no pasado mes de xuño e que, tal como explicou o propio Renda, busca «dar unha resposta ás moitas solicitudes veciñais dos últimos meses e mellorar a seguridade viaria nas saídas máis complexas».

Así, dende o Concello actuose nas:

Rúa Benxamín Paz

Rúa da Emigración

Rúa da Feira

Rúa Foz

Rúa Domingo Goás

Rúa Conde Pallares

Rúa das Pedreiras

Rúa Campo de Puente

Rúa de Begonte

O conxunto desta nova actuación fíxose en colaboración cos axentes da Policía Local e a Área de Mobilidade seguirá recollendo as demandas da veciñanza con vistas a aumentar ou ben modificar o que fora necesario.