A concellería de Servizos, Réxime Interior e Seguridade Cidadá do Concello de Vilalba fai un chamamento á prudencia da veciñanza na circulación viaria, sobre todo nas zonas inundables.
As incidencias derivadas do temporal son numerosas, como desprendementos ocasionais de árbores e farolas, contedores de lixo desprazados do seu lugar habitual, cruces de vías con presencia de material diverso arrastado polo vento, etcétera.
O concelleiro Eduardo Vidal quere destacar “o traballo do persoal municipal de limpeza e emerxencias desde hai días” e agradecer “a colaboración veciñal para evitar riscos innecesarios”.
Dende primeiras horas da mañá permanece pechado a totalidade do paseo fluvial do río Madalena, por ser unha zona inundable e pola presenza de vexetación arbórea ao longo do percorrido.
O corte está debidamente sinalizado na ponte da Madalena, na dos Pasos e na do Rañego.