O CONCELLO DE VILALBA REPARTIRÁ MATERIAIS PARA LOITAR CONTRA A VESPA VELUTINA ESTE VENRES, DÍA 19 DE MARZO

O reparto realízase en colaboración coa asociación de apicultores Serra da Carba, en horario de 10 a 13 horas.

Vilalba, 16 de marzo de 2021. O Concello de Vilalba repartirá este venres, 19 de marzo, material para a loita contra a vespa velutina. O goberno local proporcionará ditos materiais en colaboración coa asociación de apicultores Serra da Carba, continuando así coa loita contra esta praga no municipio.

O reparto destes instrumentos levarase a cabo no Concello de Vilalba o venres 19 en horario de 10:00 a 13:00 horas. As persoas interesadas en recollelo deben poñerse en contacto coas oficinas xerais do Concello de Vilalba ata o xoves, 18 de marzo.

O goberno local pretende con esta nova campaña continuar a loita contra esta praga. De feito, dende o executivo municipal sinalan que coa campaña de 2020 reduciuse considerablemente a presenza de velutina en Vilalba, grazas a un importante traballo de trampeo e retirada de niños.

Polo tanto, o Concello de Vilalba destaca que os datos indican que se está na boa dirección e que a colaboración entre a Asociación de Apicultores, a veciñanza e o Concello de Vilalba debe continuar para seguir progresando no control da vespa asiática.