O Concello de Vilalba abre o prazo para que os interesados en acudir cunha caseta á XXVII Feira do Queixo de San Simón da Costa, que se celebra os días 1 e 2 de abril, poidan formalizar a súa inscrición.
Os criterios de inscrición de casetas de artesanía, asociacións, institucións e entidades sen ánimo de lucro e de alimentación pódense descargar nos enlaces recollidos nos anexos desta páxina.
O prazo de inscrición remata o 15 de marzo.
Para as consultas dirixirse ao teléfono do Concello (982 51 03 05) ou a través do correo electrónico: feiras@vilalba.es (Concellería de Feiras e Mercados).