O CONCELLO DE VILALBA PUBLICA AS BASES E DOCUMENTOS DE INSCRICIÓN Á XXVI FESTA DO QUEIXO SAN SIMÓN

Inclúense os documentos de inscrición para stands de alimentación, casetas de artesanía así como para casetas de asociacións, institucións e entidades sen ánimo de lucro.

O Concello de Vilalba publica as bases e fichas de inscrición á XXVI Festa do Queixo San Simón da Costa, que se celebra os días 2 e 3 de abril de 2022.

Deste modo, publícanse os documentos de inscricións para stands de alimentación, casetas de artesanía así como para casetas de asociacións, institucións e entidades sen ánimo de lucro.

Tamén se facilita o modelo de domiciliación bancaria para realizar os posibles pagos.