Este novo servizo de mellora da xestión local a través da participación cidadá servirá como canle directo de comunicación cos responsables municipais, permitindo xuntar unha fotografía e xeolocalizar a incidencia, entre outras cuestións
Vilalba, 18 de marzo de 2021. O Concello de Vilalba Vilalba únese aos máis de 500 municipios que a nivel nacional dispoñen do servizo ‘Liña Verde’. A través desta canle de comunicación directa, os veciños poden poñer en coñecemento do concello aqueles danos que detecten na súa localidade.
Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o concello pretende coñecer as necesidades da veciñanza e así poder dar solución ás cuestións comunicadas.
Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP ‘Liña Verde’. Para iso, o usuario debe acceder a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu móbil (Android/ iOS). Unha vez localizada, a descarga é gratuíta.
A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo. Para comunicar unha incidencia, basta con pulsar no botón ‘Nova Incidencia’. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar e de forma automática a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano.
O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e a observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello de Vilalba recibe a notificación do dano comunicado. A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán ou cidadá, á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.
A través de ‘Liña Verde’, o usuario/a tamén pode expor calquera consulta ambiental, seleccionando a opción de ‘Fai a túa consulta’. Nun prazo máximo de 24 horas terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completamente gratuíta.
Ao servizo ‘Liña Verde’ tamén se pode acceder a través do domino www.lineaverdevilalba.gal. Ademais de comunicar unha incidencia ou expor unha consulta, o usuario dispón dun amplo contido de consulta ambiental (guía de boas prácticas, consellos, información propia do municipio, etcétera).
‘Liña Verde’ tamén ofrece os seus servizos a través de contacto telefónico no número 902 193 768 en horario de 8.00 horas a 17.00 horas (custo da chamada 0,07 €/ min).
Outra das posibilidades que ofrece esta ferramenta é o envío de comunicacións informativas por parte do Concello de Vilalba aos cidadáns que así o desexen. Desta forma, ademais de implantar unha canle para resolver incidencias de mantemento no municipio, tamén é posible facer chegar a información de servizo público que se considere oportuna como o corte de tráfico dunha rúa ou un corte de auga ou luz.
Tamén poden consultar os principais puntos de interese que se localicen no municipio e información relevante sobre o mesmo. O Concello de Vilalba anima aos veciños e veciñas a utilizar o servizo ‘Liña Verde’.
A través da implantación deste servizo e grazas a unha importante participación cidadá, pretende cumprir coas expectativas de benestar social dos seus veciños.