O Valado, na parroquia de San Simón da Costa, acolle entre hoxe e o venres a rodaxe da longametraxe ‘Tratamos demasiado bien a las mujeres’, da produtora Ficción Producciones.
O Concello de Vilalba pide a colaboración e a comprensión dos veciños e veciñas en previsión das posibles molestias que esta rodaxe poida provocar, como consecuencia dos cortes de luz nos espazos públicos, as restricións de tráfico ou a imposibilidade de acceder a diferentes zonas da parroquia.
«A participación do Concello de Vilalba neste tipo de proxectos axuda a dar visibilidade ao municipio e contribúen moi positivamente á dinamización comercial e hostaleira da vila», explica Eduardo Vidal, concelleiro de Servizos.
O goberno vilalbés agradece de antemán a colaboración dos veciños e veciñas.