Con motivo do Entroido, o Concello de Vilalba organiza un obradoiro dirixido a nenos e nenas de 4 a 8 anos. A actividade celebrarase na Biblioteca Municipal o vindeiro mércores 15 de febreiro de 17:00 a 19:00.
Durante o evento, a rapazada poderá gozar dun obradoiro de monicreques e dun contacontos.
A participación no obradoiro é gratuíta, previa inscrición na propia Biblioteca Municipal ou por WhatsApp ao 626399329. As inscricións son limitadas ata completar o aforo do evento.
Dende o Concello de Vilalba recórdase que, no marco das actividades de Entroido, o vindeiro 21 de febreiro será o tradicional desfile, no que se repartirán case 6.000 euros en premios entre as distintas categorías.