O Concello de Vilalba informa que próximo luns, día 15 de maio, ábrese o prazo de presentación de solicitudes de praza na Escola Infantil municipal para o vindeiro curso 2023/2024.
O período habilitado comprende ata o martes día 30 de maio (incluído).
A presentación debe facerse na sede electrónica do Concello ou ben de forma presencial no departamento de Servizos Sociais do Concello.
As solicitudes de novo ingreso de nenos e nenas que figuren na lista de agarda da escola infantil “Galiña azul” deberán de aportar:
– Fotocopia do D.N.I. do pai/nai ou representantes legais
– Fotocopia do libro de familia
– Declaración da renda do exercicio 2021 ou ben autorización para solicitar os datos fiscais.
As solicitudes que non figuren na lista de agarda, deberán de engadir, ademais da documentación anterior, a seguinte:
– Fotocopia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento actual dos pais, así como documentación, se procede, para acreditar as circunstancias susceptibles de puntuación no baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís da Xunta.