O CONCELLO DE VILALBA INFORMA DO SORTEO PÚBLICO PARA TRES ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

O Concello de Vilaba informa que mañá, venres 23 de setembro, realizarase o sorteo das prazas para as Escolas Deportivas Municipais nas que as preinscricións superaron as vacantes ofertadas.

Concretamente, realizarase o sorteo nas seguintes actividades: ioga quenda 1, ioga quenda 2 e pilates quenda 1. O sorteo público realizarase ás 10.00 no segundo andar da oficina de deportes.

Ademais, anúnciase que foron admitidas e obtiveron praza todas as persoas que solicitaron algunha das restantes escolas deportivas.

A oferta de Escolas Deportivas do Concello de Vilalba inclúe actividades dirixidas á rapazada, así como a actividade de ximnasia de mantemento dirixida a persoas adultas. Entre os deportes ofertados inclúense rugby, fútbol, judo, tenis, patinaxe e baile, entre outros.