O CONCELLO DE VILALBA INFORMA DO COMEZO DAS OBRAS PARA RENOVAR E SINALIZAR O VIAL DE ACCESO AO BARRIO DA FROUXEIRA

O Concello de Vilalba informa do inminente comezo das obras para a renovación e sinalización do vial que da acceso ao barrio da Frouxeira.
En concreto, os traballos serán na vía municipal situada na parroquia de Sancobade que comunica a estrada autonómica LU-120 co barrio da Frouxeira e continúa en dirección aos barrios de A Teixeira, Padronelo e O Cotarón.
Trátase do percorrido natural dos veciños de varios núcleos de poboación desta parroquia en dirección ás principais vías de comunicación comarcais e ao centro ubano de Vilalba.
As explotacións gandeiras e agrícolas da zona, xunto co paso de vehículos de transporte destinados á explotación madereira dos terreos próximos, provocan que este vial soporte unha densidade de tráfico lixeiro e pesado moi intensa, provocando o forte desgaste no pavimento actual.
Os traballos, orzamentados en 103.000 euros, terán un período de execución dun mes e serán financiados con recursos propios do concello a través do remanente municipal. Forman parte do plan integral de mantemento e renovación de viais e camiños nas parroquias de Vilalba, posto en marcha polo actual grupo de goberno no concello.
Para a mellora e mantemento de esta vía procederase á limpeza de noiros, regularización da súa superficie e a execución dunha nova capa de firme de rodadura de cinco centímetros de espesor. Tamén se procederá á súa sinalización horizontal e vertical.
“O actual estado do firme é un risco para a seguridade viaria, é un vial deteriorado que necesita unha actuación para a súa renovación”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.