O Concello de Vilalba anuncia que nos vindeiros días se procederá á activación no municipio da rede móbil 4G e 5G de nova xeración.
En concreto, son as principais operadoras de telefonía móbil as que realizarán o proceso de implantación destes servizos de nova xeración, “o que na práctica permitirá aos nosos veciños e veciñas ter conexións móbiles de alta velocidade acompañadas de melloras significativas da cobertura no interior dos edificios”, explica a alcaldesa, Marta Rouco.
Mais este despregamento realizarase sobre bandas de 700 e 800 MHz, polo que pode dar lugar a interferencias no sinal de televisión.
Se calquera veciño ou veciña detecta algún tipo de problema ou incidencia na visualización de canles da TDT ou no servizo en xeral, debe poñerse en contacto coa empresa Llega700 ao longo dos próximos seis meses a través de ayuda@llega700.es ou no teléfono 900 833 999.