En total, 38 establecementos participarán desta campaña.
O Concello de Vilalba e a Asociación de Empresarios Sete Pontes presentaron esta tarde unha campaña de apoio ao comercio local, coa que buscan fomentar as compras e o consumo nos establecementos da localidade a propósito do “Black Friday”, que se celebra este venres 26 de novembro.
Na presentación da iniciativa, baixo o nome de “Black Friday Vilalba 2021”, participaron a alcaldesa, Elba Veleiro; a concelleira de Comercio, Marta Rouco, e a responsable de Comercio da Asociación de Empresarios Sete Pontes, Antía Naveiras.
Con motivo da celebración do “Black Friday”, o Concello de Vilalba porá en marcha a súa campaña de difusión e promoción do comercio local coa colocación de materiais en distintos espazos públicos do municipio.
En total, 38 establecementos participarán desta campaña, identificados cunha alfombra negra e unha torre de globos na entrada dos propios locais.
Os establecementos realizarán diferentes descontos, desde un 5% ata un 50% ao longo da xornada do venres e prolongarán a súa apertura ata as 22 horas. A iso súmase a campaña de promoción impulsada polo goberno local, que habilitará elementos publicitarios en diferentes espazos públicos.
O Concello de Vilalba busca con esta iniciativa fomentar o comercio de proximidade, un dos motores económicos do municipio.
LISTA DE NEGOCIOS PARTICIPANTES E DESCONTOS
1. As Nubes Moda (20%)
2. Rótulos RM (10% artículos en tenda)
3. Texas (desde un 10% ata un 50%)
4. Carlin (10% en material escolar, mochilas e portatodos 30%, e artigos variados cun 40% e un 50%)
5. Cárber Moda (20%, 30% e 50% en artigos sinalados)
6. Librería Andel (10% en papelería e regalo e 5% en libros, libros de texto non incluídos)
7. Luis Castro (desde un 10% ata un 30% en artigos de tempada)
8. Librería Pergamino (10% en todo agás prensa, fotocopias e informática)
9. Junor (leva o 10% do teu ticket e trócao na túa próxima compra)
10. Qué Ves Óptica e Audición (descentos do 30% en monturas, gafas de sol, cristais e audífonos, non acumulables con outras promocións)
11. Retoños (desde un 20% ata un 50%)
12. Novalux Óptica e Centro Auditivo (20% en todos os artigos da tenda)
13. O Gato con Botas (30% en calzado)
14. Sanjurjo Moda (20% en todo agás vaqueiros que estarán ao 15%)
15. Minds Ocio Infantil (15% en bonos e 20% reserva cumpleaños)
16. Confecciones Julio (10%, 20% e 30% en artigos determinados)
17. Zokos (descontos ata un 30%)
18. Urbo Moda (20% en todos os artigos da tenda)
19. Lanas y corsetería Pingüín (do 10% ata o 50% en artigos seleccionados)
20. Peluquería Celia Gómez (ata un 50% en artigos seleccionados)
21. CarapuchiñaVermella (ata un 30%)
22. Construfer (desde un 10% ata un 30%)
23. O Peto Máxico (descontos ata un 50%)
24. Albosat (Milar) (ata un 10% en artigos seleccionados)
25. Ferretería Puentes (descontos en electrodomésticos do 15% ao 40%)
26. Go&Vac (20% en bolsos, bufandas e fulares, e 30% nalgúns modelos de zapatos)
27. O Rincón Encantado (todo ao 20%)
28. A Pravia (consumición mínima 1€)
29. A Esmorga (consumición mínima 1€)
30. Calzados Baamonde (varios descontos segundo a marca)
31. Don Zapato Deportes (descontos ata o 20%)
32. Lolita Blue (descontos ata 30%)
33. Xoiería Ática (5% desconto)
34. Sargadelos (5% desconto)
35. Fiodecor (15% desconto agás produtos de Nadal)
36. Peluquería Novostylo (descontos en produtos)
37. Basic Shop (15% de desconto)
38. Koketa (20% de desconto en todos os artigos)