O Concello de Vilalba anuncia a convocatoria de dúas prazas, unha de xardineiro/a e outra de electricista, por un periodo de dez meses cunha xornada a tempo completo
O Concello de Vilalba anuncia a convocatoria de dúas prazas, unha de xardineiro/a e outra de electricista, por un periodo de dez meses cunha xornada a tempo completo. A convocatoria destas dúas prazas está vinculada ao Plan Único da Deputación de Lugo, baixo o seu “Programa de Fomento do Emprego 2021”.
As solicitudes para cubrir estas prazas deberán de presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vilalba. Ditas solicitudes presentaranse nun prazo de 5 días naturais dende o día seguinte ao da súa publicación no BOP, é dicir, ata o luns 8 de novembro de 2021.
A praza de electricista está adscrita ao departamento de mantemento eléctrico mentres que a de xardinería está incluída no departamento de parques e xardíns. Ambas prazas adxudicaranse a través do sistema de concurso, valorando a experiencia profesional e a formación complementaria dos diferentes aspirantes.
As bases desta convocatoria están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do día de hoxe, 3 de novembro de 2021, dispoñible aquí.