O Concello de Vilalba anuncia os gañadores/as da cuarta edición do seu concurso de microrrelatos. O certame, organizado en colaboración con Culturalia Gz, busca conmemorar o Día do Libro 2022 e fomentar a literatura entre a poboación.
Así, en categoría infantil, a gañadora é Paula Pérez Cendán co seu texto “A historia de Daniil”. O segundo premio é para Sabela Vidal Barreiro, por “Libros Silenciosos” e o terceiro para Emilia Manso Rodríguez, por “O libro perdido”.
En categoría xuvenil, Carlota Millor Prado logrou o primeiro premio coa obra “Pensamento 22.139”. A segunda praza é para Mariña Maceiras Segovia, por “Procastinación vital”, mentres que o terceiro premio recíbeo Fernanda del Carmen Moraes Vidal, por “Perségueme un desexo, gardar o tempo”.
Na categoría de adultos, o mellor microrrelato foi “Alumar” de Óscar Reboiras Loureiro. A segunda praza é para Patricia Torrado Queiruga, por “A quen sobreviva”, mentres que a terceira posición é para Raquel Fernández Fernández, por “Chámome Ismael”.
Dende a organización do certame agradécese a ampla participación no concurso nas distintas categorías. As persoas participantes deberon entregar obras en galego que non superasen as 100 palabras.
Os gañadores/as recibirán cadanseu premio, no caso dos adultos 300, 200 e 100 euros para os tres premiados, mentres que na categoría infantil repartiranse libros e material escolar. Na xuvenil, recibirán unha tablet e libros.