O CONCELLO DE VILALBA ANUNCIA AS NORMAS BÁSICAS PARA A CELEBRACIÓN DA XIRA 2022 ESTA FIN DE SEMANA

O Concello de Vilalba publica un bando no que se especifican as normas básicas a cumprir con motivo da celebración da XIRA 2022, os próximos días 26, 27 e 28 de agosto. A normativa busca manter a esencia deste evento, protexendo a súa imaxe e a contorna na que se celebra.

Neste sentido, o Concello recorda a prohibición de facer lume preto das arboledas, así como fóra dos espazos habilitados a tal efecto. Tamén se prega o uso adecuado dos sanitarios instalados nas inmediacións da celebración.

Ademais, lémbrase aos participantes que deben depositar os residuos nos colectores habilitados, respectando a súa recollida separada. Tamén se recorda que todos os elementos, obxectos ou aveños que utilicen para esta celebración deberán ser desmontados e/ou recollidos polos mesmos ao finalizar o evento.

Por último, o Concello de Vilalba insiste en que o lugar de celebración da Xira está catalogado como zona de Especial Conservación de valores naturais. Esta circunstancia implica a protección especial da contorna, seguindo as normas establecidas.

O Concello de Vilalba solicita aos veciños, veciñas e visitantes a súa colaboración para cumprir esta normativa, desexándolles asemade que desfruten da Xira.