“É un proxecto de máis de 30.000 euros que serviu para renovar por completo o espazo”, explica Luis Fernández
Os veciños e veciñas de Vilalba poden desfrutar desde hoxe do parque infantil da alameda de Basanta Olano tras a súa renovación integral por parte do concello.
A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e o concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández, estiveron esta mañá no parque antes da súa apertura con representantes da empresa encargada das obras.
A actuación consistiu na renovación do pavimento amortiguador de seguridade, a colocación dun sumidoiro que recolla as augas pluviais da praza e elimine os problemas de humidade, a retirada dos xogos existentes e a colocación de novos xogos e aparatos homologados.
Tamén se colocaron mamparas de policarbonato na parte norte e oeste do parque, co obxectivo de evitar as caídas a distinto nivel e cumprir coa normativa vixente.
“É un proxecto de máis de 30.000 euros que serviu para renovar por completo o espazo”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.