Hoxe fíxose efectivo o anunciado cambio do sentido circulatorio da Rúa da Pravia. O Vicealcalde e responsable de Mobilidade do Concello de Vilalba, Modesto Renda, acompañou dende as horas previas aos axentes da Policía Local e, logo de contrastar a actuación coa veciñanza a pé de rúa, puxo en valor o “civismo e total predisposición” dos vilalbeses/as de cara a que o cambio se desenvolvera con normalidade.
Así mesmo, o Vicealcalde destacou tamén moi especialmente o “fundamental traballo” dos axentes da Policía Local e lembrou que o Concello extremará a vixilancia, tanto na nova entrada como na saída da rúa nos primeiros días e que a nova sinalización vertical e horizontal colocada dende xoves con carácter permanente, reforzaráse con valos informativos en diferentes puntos do centro urbano