MÁIS DE 4.700 PERSOAS ACUDIRON ÁS NOVAS PISCINAS MUNICIPAIS DA MADALENA NO MES DE XULLO

O Concello de Vilalba xa ten os primeros datos das novas piscinas municipais da Madalena, que pecharon o mes de xullo recibindo a máis de 4.700 persoas.

“Non foi un mes de xullo cun tempo demasiado bo, e aínda así o dato é moi positivo, o que reflicte o interese dos veciños e visitantes polas novas instalacións”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco.

Este espazo de lecer conta con tres piscinas: unha infantil de 0,45 metros de profundidade, unha de natación para uso deportivo de 1,55 metros de profundidade máxima, e outra recreativa cunha profundidade de 1,20 metros.

Ademais, as instalacións tamén contan cun edificio de servizos que se atopa semisoterrado nunha das ladeira do espazo e no cal se integran os vestiarios, os aseos, a sala de socorrismo, un almacén e unha zona para recepción.

“Unhas piscinas para os nosos veciños e veciñas, e tamén para persoas doutros concellos interesadas nesta proposta de ocio, de calidade, familiar e en contacto coa natureza”, engadiu Rouco.