FASE 3. RESERVA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Dende o luns 8 de xuño o Concello de Vilalba entra na Fase 3 de Desescalada dentro do Plan de Volta á normalidade.
¡NOVIDADES! Segundo o artigo 33 da Orde SND/458/2020, aumenta o número máximo de usuarios por quenda, 8 nas pistas de tenis e 6 nas pistas de atletismo. No caso das pistas de tenis permítese a práctica da modalidade de dobles.
As pistas municipais de tenis e de atletismo poden abrirse ao público, previa cita, e según o establecido nos artigos 41, 42 e a disposición final segunda da Orde SND 399/2020 do 9 de maio
Aluger e reserva de instalacións:

  1. Solicitude de reserva telemática durante a Fase 3 de desescalada:  https://forms.gle/AGs6QycBrxVxZmK27
  2. Durante o estado de alarma non se aplicará a taxa por reserva da instalación.
  3. Antelación mínima da reserva 24 horas e máxima 1 semana.
  4. Reservas según as quendas establecidas: 11:00, 12:30, 17:00, 18:30, 20:00,  21:30.

Dispoñibilidade das instalacións:
Preme o seguinte enlace para consultar a dispoñibilidade das instalacións
DispoñibilidadeInstalacions – Semana1_7_xuño_2020