Dende mañá mércores 7 e ata o vindeiro 12 de outubro permanecerá aberto o prazo de inscrición nos cursos de natación da piscina municipal de Vilalba. A solicitude de inscrición formalízase na recepción da piscina municipal.
En aplicación das normativas sanitarias vixentes, as recomendacións sectoriais e seguindo unha liña de coherencia para evitar a propagación da Covid-19 na que prima a seguridade e a saúde dos usuarios, entre outras medidas, a oferta de prazas redúcese nun 66%, pasando das 310 prazas habituais a 106 neste curso 2020-21.
Os cursos están limitados a 4 alumnos/as por monitor/a. Para obter unha destas prazas limitadas establécense os seguintes criterios: en primeiro lugar a antigüidade do alumno e en segundo lugar sorteo. Neste sorteo determinarase a letra do primeiro apelido para ordenar as prazas. Dito sorteo celebrarase na piscina municipal o 8 de outubro ás 11:00 horas.
De forma moi resumida, as clases serán de 40 minutos, con 10 minutos antes e despois para cambiarse, non estando permitido o uso das duchas. Entre cada quenda de uso, haberá 10 minutos de limpeza/desinfección na instalación na que non se permitirá presenza de usuarios/as na mesma.
A oferta de cursos completa e todas as normas do protocolo da piscina municipal pódense consultar nas seguintes ligazóns:
OFERTA CURSOS
PROTOCOLO CURSOS E BAÑO LIBRE