CONCURSO SAMAÍN - PINTA E CREA A TÚA CABAZA

 
 
 
 
 
 

BASES DO CONCURSO DE SAMAÍN

Pinta e crea a túa cabaza de Samain”
 
Contido Bases Legais Concurso

  1. Obxecto e finalidade

O Concello de Vilalba, a través da súa Concellería de Educación, Infancia e Mocidade,  Feiras e Mercados e Turismo, convoca o concurso de Samaín “Pinta e crea a túa cabaza de Samaín” destinado a representar a través desta modalidade artística a festividade do Samaín.
 

  1. Persoas ás que se dirixe

Para participar neste concurso establécense dúas categorías, infantil e adulto.
 
Categoría Infantil: ata 12 anos
Categoría Adulto: dende os 13 anos.
 

  1. Inscrición

Poderanse inscribir desde o día 21 ao 27 de outubro de 2020, a través da sede electrónica do concello https://vilalba.sedelectronica.es/ ou ben presencialmente por rexistro, en horario de 9:00h a 14:00h, cubrindo a folla de inscrición (anexo I), que estará dispoñible na web do concello www.vilalba.org e na oficina de cultura.
 

  1. Mecánica de participación

Entregarase unha única cabaza por participante, o propio día 31 de outubro de 2020 na Praza da Constitución, en horario de 11h a 12h. A cada cabaza asignaraselle un número no momento da súa recepción.
Todas as cabazas estarán expostas durante o Sábado, día 31 de outubro de 2020 na Praza da Constitución, de 12:00h a 18:00h ininterrompidamente.
As cabazas poden recollerse ao finalizar o concurso, ou ben o lúns no concello. As que non se recollan tiraranse ao lixo.
 

  1. Os premios serán vales a gastar no comercio local.

CATEGORÍA INFANTIL:
 
__1ª premio: vale de 75€ e diploma
__2º premio: vale de 50 € e diploma
__3º premio: vale de 25 € e diploma
 
CATEGORÍA  ADULTO:
 
__1ª premio: vale de 75€  e diploma
__2º premio: vale de 50 € e diploma
__3º premio: vale de 25 € e diploma
 
Na categoría infantil, cada participante que non resulte premiado recibirá un pequeno agasallo e diploma de participación, que se entregarán ao finalizar o concurso.
 
Os participantes que resulten gañadores, poderán recoller os vales desde o día 3 ao 6 de novembro, ambos inclusive en horario 9 a14h na oficina de cultura do concello.
Unha vez que a persoa solicitante este en posesión do vale, poderá facer uso deste no comercio local da vila, polo importe máximo que figura no documento. O concello soamente asumirá a contía establecida no  vale.
Os vales non poderán ser fraccionados, é dicir, o importe de cada vale soamente pode ser utilizado nun único establecemento e nunha compra única.
A aceptación dos vales polos establecementos supón a aceptación das condicións desta convocatoria.
Os establecementos deberán presentar as facturas acompañadas dos vales correspondentes no  rexistro xeral do Concello de Vilalba, detallando o material adquirido con cada vale,  e firmado polo solicitante e polo propio establecemento. As facturas deberán cumprir cos requisitos establecidos no  Real Decreto 1619/2012 polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.
O financiamento do premio farase con cargo á aplicación orzamentaria 334.48942 (orzamento municipal 2020 do Concello de Vilalba).

  1.  O xurado será o propio público. Instalaranse dúas furnas seladas na propia exposición onde o público asistente votará as cabazas que máis lles gusten escribindo nos papeis oficiais dispoñibles o carón da furna o número que corresponda de cada categoría. So un voto por persoa e categoría. Solicitarase nome e apelidos os votantes e apuntaranse nunha lista.

Ás 18:00h abriranse  as furnas e contabilizaranse os votos ante o público asistente,  en presencia da Concelleira de Educación, Infancia e Mocidade,  Feiras e Mercados e Turismo, ou persoa en que delegue, alcaldesa ou persoa en quen delegue, e técnico de cultura ou persoa en quen delegue, que farán constar o resultado do concurso na acta correspondente.

  1. Aceptación das bases do concurso.

A participación no concurso supón a aceptación das normas.
20201021_Bases Concurso de Samaín 2020
20201021_ANEXO I . FOLLA DE INSCRICIÓN. Concurso Samaín