Comezan as obras de acceso á parroquia de Oleiros

O CONCELLO DE VILALBA COMEZA AS OBRAS PARA PAVIMENTAR E SINALIZAR OS ACCESOS Á PARROQUIA DE OLEIROS

Vilalba, 16 de xaneiro de 2021. O Concello de Vilalba informa do comezo das obras de pavimentación e sinalización dos accesos á parroquia de Oleiros.
 
Esta actuación é nun vial de dous quilómetros, cun orzamento de 71.400 euros que sairán de fondos propios do Concello de Vilalba e do Agader.
 
As obras de acondicionamento e mellora realizanse en concreto sobre o vial municipal que atravesa en dirección Noroeste-Sureste as parroquias de Sancovade, Noche e Oleiros, ata rematar na estrada de titularidade provincial LU-P-6510.
 
Os traballos nos que se divide o proxecto consisten “na limpeza de noiros, procedéndose á retirada da terra vexetal acumulada en beiravías, regularización e pavimento aglomerado, cunha capa de aglomerado en quente en toda a superficie da estrada a causa do estado actual da mesma, e sinalización, colocándose sinais de STOP e pintando marcas lonxitudinais continuas nos bordes da calzada”, explica o concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández.
 
A obra forma parte do plan integral de mantemento e renovación de viais e camiños nas parroquias de Vilalba, posto en marcha polo actual grupo de goberno no concello.