CAMPAÑA 25 N - EU NON SON ESE HOME

campaña dixital lanzada desde o Concello de Vilalba polo 25N.

Nesta ocasión, distintos rapaces e homes da localidade rexeitan comportamentos propios da masculinidade hexemónica que conforman as violencias machistas contra as mulleres.

Participan do vídeo desde distintos eidos: forzas de seguridade como a Garda Civil e a Policía Local, bombeiros, así como tamén desde o eido educativo, cultural, sanitario, gandeiro, hostaleiro ou deportivo.

Desde o Concello, especialmente desde a área de Igualdade e o CIM, agradecemos a súa participación pola importancia de que dean un paso cara adiante na condena máis absoluta á violencia de xénero en todas as súas formas, así como a creación de novos referentes que se alonxen de comportamentos e actitudes machistas.

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO