ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZAS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Segundo establece o Regulamento de Réxime Interior da Escola Infantil Municipal (ordenanza reguladora número 15), publicada no BOP nº 74 do 30/03/2017, ábrese o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 30 de maio de 2022 (ambos incluídos) e presentaranse na sede electrónica do Concello ou ben de forma presencial no departamento de Servizos Sociais do Concello.

As solicitudes de novo ingreso de nenos e nenas que figuren na lista de agarda da escola infantil “Galiña azul” deberán de aportar:
– Fotocopia do D.N.I. do pai/nai ou representantes legais
– Fotocopia do libro de familia
– Declaración da renda do exercicio 2020 ou ben autorización para solicitar os datos fiscais.

As solicitudes que non figuren na lista de agarda, deberán de aportar ademais da documentación anterior a seguinte:
-Fotocopia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento actual dos pais, así como documentación, se procede, para acreditar as circunstancias susceptibles de puntuación no baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís da Xunta.

As persoas interesadas poden descargar as follas de solicitude na web www.vilalba.gal ou pedilas no concello.