Marta Rouco, acompañada do concelleiro Luis Fernández, aproveitou a ocasión para agasallala cun ramo de flores e conversar coa súa familia
Na mañá de hoxe a alcaldesa, Marta Rouco, achegouse ata a parroquia de Codesido para felicitar persoalmente a Pilar Fernández, unha vilalbesa que acadou a centuria e á que a rexedora agasallou cun ramo de flores.
Ademais, Rouco visitou a Pilar acompañada do concelleiro Luis Fernández e ámbolos dous aproveitaron a visita para conversar coa familia de Pilar e amosarlle a súa admiración, «é un verdadeiro pracer poder coñecer en primeira persoa a Pilar e gozar do privilexio de felicitarlle os seus 100 anos», asegurou a alcaldesa.
Así mesmo, a rexedora tamén quixo agradecer a boa acollida desta nova iniciativa coa que visitará persoalmente a todos os vilalbeses e vilalbesas que acaden este ano a centuria ou que xa a superen. «Satisfainos enormemente que a veciñanza reciba esta nova proposta con agarimo e ilusión, porque amosa a personalidade dos vilalbeses e vilalbesas, acolledora e agradecida», sinalou Rouco.