A ALCALDESA, MARTA ROUCO, VISITA A AURORA ALVARIÑO PARA FELICITALA POLO SEU 103 ANIVERSARIO

Veciña do barrio de Viladónega, na parroquia de Corvelle, Aurora atópase entre as tres mulleres máis lonxevas do municipio vilalbés

Aurora Alvariño, veciña do barrio de Viladónega, na parroquia de Corvelle, cumpriu 103 anos o pasado 2 de agosto, o que a converte nunha das tres mulleres máis lonxevas do municipio vilalbés.

E, por suposto, Aurora recibiu a visita da alcaldesa, Marta Rouco, que se achegou persoalmente ata Viladónega para felicitar á centenaria na súa vivenda familiar. Ademais, Rouco aproveitou a ocasión para agasallar a Aurora cun ramo de flores e compartir con ela e a súa familia unha agradábel conversa.

Tal e como vén facendo dende comezos de anos, Marta Rouco continúa deste xeito coa súa iniciativa de felicitar a cada un dos centenarios e centenarias vilalbesas «para poñer en valor a súa idade pero, sobre todo, a importancia que teñen para nós os nosos maiores, a quen debemos coidar e agradecer por todo o que nos deixaron feito».

Así mesmo, a alcaldesa salientou «a importante lista de centenarias que temos no noso Concello, da que forman parte máis de 20 persoas e á que progresivamente se irán sumando máis vilalbeses e vilalbesas que, por suposto, tamén deberan contar co seu correspondente homenaxe».