Este ano, co gallo do 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o Concello de Vilalba, xunto con outros 102 concellos galegos, as Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra, vai desenvolver de novo a campaña de sensibilización social EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA – VILALBA EN NEGRO.
Pretendemos que os comercios de Vilalba se cubran de novo de negro do 19 ao 25 de novembro, que os manequíns e o persoal se convertan en portadores de consignas contra a violencia de xénero.
Os establecementos que participaron o ano pasado poden pasar a recoller o material para os seus negocios a partir do luns 19 de novembro nas oficinas do CIM na Casa do Concello.
Aqueles establecementos que non participaron o ano pasado e queiran unirse á campaña poden escribirnos un correo electrónico a vilalbaennegro@gmail.com cos datos do negocio, empresa, asociación…
Como ano pasado, tamén pedimos a colaboración da cidadanía e propoñémoslles que do 19 ao 25 de novembro coloquen na ventás das súas casas UN PANO NEGRO (A partir do luns poderanse recoller bandeiras negras para tal fin nos puntos de recollida: Centro de Información ás Mulleres na Casa do Concello (de 8 a 15 horas) e Casa da Cultura (no seu horario habitual).
Invitamos a todos as veciñas e veciños de Vilalba a sumarse a esta campaña de sensibilización e rexeitamento da violencia de xénero e a participar o día 23 de novembro ás 12:00 horas na Praza da Constitución na concentración e lectura dun manifesto contra a violencia machista, que se lerá conxuntamente nos 102 concellos participantes, porque só coa implicación de todas e todos podemos aspirar a vivir nunha sociedade libre de violencia machista.
Máis información en: http://ennegrocontraasviolencias.gal/