O CONCELLO ACONDICIONA E PAVIMENTA O CAMIÑO DE ACCESO AO VILAR DE PÍGARA, NA PARROQUIA DE GOIRIZ

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe o acondicionamento e pavimentación do camiño de acceso ó Vilar de Pígara, na parroquia de Goiriz.

Tal e como explicou, a importancia desta nova actuación radica no feito de que se trata dunha vía que, na actualidade, da servizo a unha decena de vivendas e a cuxo deterioro de anos, había que sumarlle a ausencia de canalización, co trastorno que isto representa para veciños/as e residentes, nomeadamente, nos meses nos que as choivas son máis intensas.

Agora todos eles poderán ao fin desfrutar dun acceso totalmente rexenerado pois, aos traballos de reforzo do firme e posterior asfaltado, compre sumarlle a colocación de tubaxes co fin de darlle resposta ao conxunto das súas demandas.

O custo total desta obra foi de 7.813,86 euros.