O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais do Concello de Vilalba, Modesto Renda, anunciou hoxe a mellora e rexeneración integral dun novo vial na parroquia de Oleiros.
Concretamente os traballos realizáronse na vía que une os barrios de Gardamil, Cabanas e Liñares e estes financiáronse con cargo ó «Plan de Mellora de Camiños Rurais da AGADER»
«Estamos a falar dun vial de máis de 5km de lonxitude, que permitirá aos veciños/as de Oleiros mellorar as súas conexións e que se vai completar con máis e novas actuacións en diferentes barrios da contorna», explicou Renda.