O Concello de Vilalba informa aos veciños e veciñas de que foron admitidos os 67 nenos e nenas que solicitaron o servizo de comedor escolar na Escola de Educación Infantil.
Dos 67 admitidos, 35 xa utilizaban o comedor o ano pasado e 32 corresponden a solicitudes de novo ingreso. O concello sacará nos próximos días a licitación o servizo para que todo esté listo no comezo do curso en setembro.
O servizo de comedor, posto en marcha polo goberno local de Vilalba hai dous cursos escolares, aumenta desta forma a súa oferta para atender a todas as familias, unha decisión que foi consultada polo concello na pasada primavera coa dirección do centro e os pais e nais.
«O servizo de comedor é un servizo público básico, ademais de ser un servizo educativo, complementario, compensatorio e social que constitúe un instrumento imprescindible para contribuír á conciliación da vida laboral, familiar e persoal das familias”, asegura Marta Rouco, concelleira de Servizos Sociais e encargada da escola infantil.
Os menús estarán elaborados atendendo ás condicións dietéticas, sanitarias e hixiénicas esixidas para atender ás necesidades nutricionais dos usuarios/as do servizo.
LISTADO DE ADMITIDOS NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO