O Concello de Vilalba pon á venda as seis parcelas que son de titularidade municipal correspondentes á ampliación do polígono empresarial de Entrepinares.
As seis parcelas suman en conxunto 5.600 metros cadrados e a fórmula elixida para a venda das mesmas é a subasta. A máis grande é de 1.052 metros cadrados e as dúas máis pequenas de 860,80 metros cadrados.
A venda se aprobará este luns, día 24 de abril, en xunta de goberno e as ofertas deberán presentarse dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante do Concello de Vilalba. O prezo mínimo de partida é de 48,80 euros o metro cadrado máis IVE.
O adxudicatario está obrigado a formalizar a escritura pública de compravenda no prazo máximo dun mes a partir da sinatura do contrato de sinal.
Cando se lle adxudique a parcela deberá abonar o 25% do prezo, e no acto de formalización da escritura de compravenda procederá ao pago do 75% restante.
O adquirinte obrígase a edificar, e a ter implantada a actividade especificada na memoria que figura na correspondente documentación administrativa, con todos os permisos e licenzas correspondentes, no prazo de tres anos.
Ademais, o adxudicatario estará obrigado ao mantemento en funcionamento da actividade posta en marcha durante un prazo mínimo de dez anos.