O PLENO DO CONCELLO DE VILALBA APROBA SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS ÁS ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DA VILA POR UN IMPORTE DE 439.100 EUROS

O Concello de Vilalba celebrou onte o último pleno ordinario no que se aprobaron, entre outras propostas do grupo de goberno, as subvencións nominativas destinadas ás entidades e asociación que traballan a prol da dinamización do pobo en diferentes eidos.  

O goberno local pon en valor o labor diaria destas entidades que repercute directamente na mellora dos servizos e oportunidades dos vilalbeses e vilalbesas a través do tecido asociativo. Por iso, co obxectivo de potenciar e axudar na actividades destes grupos sociais, veciñais, empresariais, educativos, culturais ou deportivos aproba unha achega total de 439.100 euros.

No ámbito asistencial, recibirán subvencións o Hospital Asilo (80.000 euros); a Asociación de Ex Alcohólicos (10.000 €), a Fundación Vilalba Terra Chá (75.000 €) así como Protección Civil (5.000 €).

Dentro das asociacións que desenvolven a súa actividade no eido do ensino, as beneficiarias nestes orzamentos serán as ANPAS dos CEIP Manuel Mato Vizoso (1.500 €), Antonio Ínsua Bermúdez (1.500 €) e da Escola de Educación Infantil de Vilalba (1.500 €), ademais da APA Terra Chá do CEIP de Román (1.500 €).

Tamén se concede unha subvención de ata 5.000 euros para a Asociación do Carballido para continuar as obras de rehabilitación da escola habanera como a Serra da Carba (3.000 €) para a campaña da vespa velutina.

Dentro do deporte, as entidades beneficiarias son o Club Tenis Vilalbés (14.000 €); Club Loitas Olímpicas (14.000 €); Club Vilalba Fútbol Sala (30.000 €); Racing Club Vilalbés (49.000 €); Club TDM Vilalba (6.000 €); Club Baloncesto Terra Chá (8.000 €); Capóns Vilalba Rugby Club (4.500 €); Agrupación Polideportiva San Ramón de Vilalba (5.000 €), xunto ao Club Violeta Rítmica e o Club Ximnasio Senra Judo, ambos cunha subvención de 3.600 euros cada un. Nestes casos inclúese unha partida para as escolas deportivas.

Tamén reciben a subvención o Club Deportivo Santaballés (3.000 €); Asociación Cultural Deportiva Goiriz (2.000 €); Club Deportivo Albense (900 €); Asociación Deportiva Catro Roldas (1.200 €); Club Pádel Vilalba (2.000 €); Club Atletismo Vilalba (2.000 €); Club Deportivo Codesido (900 €); Club Ciclista Terra Chá (1.500 €); Club Atlético Terra Chá (900 €) e Club Ciclista Vilalba-As Pontes (1.000 €); Sociedad Deportiva Rioaveso Machinango (1.200 €).

No eido cultural están incluídas a Coral Polifónica Vilalbesa e a Coral Luar, ambas con 4.000 € cada unha; así como o Iescha (6.500 €); Centro Cultural (2.000 €); a Asociación Cultural Liga Santaballesa (3.000 €); a Asociación Praza San Xoán (2.500 €); a Escola de Música de Vilalba (ESMUVI) (3.000 €), a Asociación de Mulleres de Insua (3.000 €) e a Asociación Veciñal San Cosme de Nete (3.000 €) e a Asociación Cultural de Árbol (3.000 €). A Asociación en Movemento recibirá unha achega de 7.000 euros.

Por outra banda, a Asociación de Empresarios Sete Pontes recibirá 6.000 € para a promoción do comercio local, mentres a Rectoral de Santaballa (15.000) e a Escola Habanera de Tardade (2.000 €) recibirán axudas para investimentos.