O CONCELLO DE VILALBA SACA A LICITACIÓN DÚAS OBRAS DE REXENERACIÓN E PAVIMENTACIÓN NA PARROQUIA DE ÁRBOL

O Concello de Vilalba saca a licitación dúas novas obras na parroquia de Árbol: a pavimentación e rexeneración de vías municipais de acceso a Moscarán, Grandavella e O Fondal, e a rexeneración dos accesos ó Couto, Espiñarido e O Barreiro.

Ás obras acométense en 5 quilómetros das vías de titularidade municipal que son de gran relevancia e importancia para a circulación de vehículos lixeiros, pesados e maquinaria de todo tipo en dirección ás vivendas, explotacións agrogandeiras e parcelas agrícolas ou forestais do municipio.

Os traballos en Moscarán, Grandavella e O Fondal consistirán na apertura e limpeza de noiros, pavimentación, rexeneración e sinalización de vías.

O orzamento previsto é de 46,407.98 euros cun prazo de execución dun mes.

Por outra banda, a rexeneración dos accesos ó Couto, Espiñarido e O Barreiro inclúe limpeza de noiros e tubaxes, mellora do drenaxe mediante a colocación de tubaxes adicionais, recargo e nivelación das capas base mediante zahorra, macadam ou gravillón. Tamén se pavimentará mediante dobre ou triple rego asfáltico en toda a superficie e se fará a sinalización vertical das interseccións. O orzamento previsto neste caso é de 48,193.45 euros.