O CONCELLO DE VILALBA ADXUDICA AS OBRAS PARA AMPLIAR A REDE DE ABASTECEMENTO EN SANTABALLA E HUMANIZAR A TRAVESÍA DA FERRERÍA

O Concello de Vilalba adxudicou as obras para ampliar a rede municipal de abastecemento de auga potable a diferentes núcleos da parroquia de Santaballa e para humanizar a travesía da Ferrería, que comunica e fai de eixe entre a rúa das Pedreiras e a rúa da Ferrería.

A adxudicataria das dúas actuacións e Cholo SL, unha empresa local que se encargará de dúas obras importantes para mellorar os servizos e infraestruturas de Vilalba.

No caso de Santaballa, o entronque á rede xeral municipal de abastecemento de auga se realizará no barrio de O Castro e o barrio de Tufiade. A ampliación da rede realizarase tamén nos barrios de O Outeiro; Folgueira, Gunxar e O Apaxo; Vilasuso; O Castro; Carballido e Casela.

Esta actuación permitirá que o abastecemento de auga potable aos diferentes barrios e núcleos se realice desde a rede xeral municipal, mellorando desta maneira a calidade e control da auga utilizada polos veciños. Será un proxecto con 95 entronques con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta. Beneficiará tamén á cooperativa de Santaballa.

No caso da Travesía da Ferrería, é un punto importante no casco urbano de Vilalba, xa que na rúa das Pedreiras hai equipamentos como o auditorio municipal, e a rúa da Ferrería ten abundante tráfico pola cercanía do acceso á autovía A-8.

A actuación consistirá en transformar a actual calzada nun espazo de plataforma única cun ancho medio de paso de vehículos de 3,30 metros, continuando cunha dirección única na rúa.

Para mellorar a imaxe da rúa, utilizarase adoquín de xunta verde no chan apto para o tráfico lixeiro, e adoquín convencional nas zonas máis próximas ás vivendas, creando unhas plataformas de zona limpa para o acceso ás mesmas.

Ademais, aproveitando os quiebros da rúa proxectaranse nas zonas máis abertas espazos de descanso coa incorporación de zonas verdes, árbores e asentos. Á marxe das obras, executaranse na travesía da Ferrería novas instalacións de saneamento, alumeado, abastecemento, gas natural e telecomunicacións.