GRAN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO CERTAME DE POESÍA DO CONCELLO DE VILALBA, CON MÁIS DE 90 OBRAS PRESENTADAS

O premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba continúa mantendo unha alta participación e, polo tanto, posicionándose como un dos galardóns de referencia da literatura galega na súa 48ª edición. 

Co prazo de presentación das obras pechado, o Concello de Vilalba contabilizou un total de 99 traballos, dos cales cumpren coas bases do concurso e acéptanse 92. Agora, o xurado será o encargado de decidir a obra gañadora.

O Certame Literario de Vilalba é un premio de poesía en galego con case 50 anos de historia, cuxa entrega de premios celébrase tradicionalmente en agosto. Está dotado con 7.000 euros en metálico e a publicación da obra premiada para o mellor poemario inédito escrito en lingua galega.

Dende o seu nacemento, en 1975, recoñecidos autores da literatuta galega como Helena Villar Janeiro, Darío Xohán Cabana, Xavier Alcalá ou Yolanda Castaño xa recolleron o premio, un dos máis destacados do panorama poético de Galicia.

Na última edición, a obra gañadora foi o poemario ‘Retorno sen volta’, de Xosé Lastra Muruais, mentres que no 2020 o escritor Xerardo Quintiá gañaba o certame con ‘Obra inacabada de Dosinda Christensen’.