O Concello de Vilalba continúa coa súa aposta pola humanización do casco urbano, con diferentes actuacións e iniciativas destinadas a darlle prioridade ás persoas sobre os coches e a mellorar a seguridade viaria.
Nesta liña, instaláronse 16 novas sinais indicativas nos pasos de peóns como medida de seguridade. Son termoplásticas e antideslizantes, situáronse nas zonas escolares e poranse tamén nas rúas Chao Ledo, Plácido Peña e Campo da Ponte.
Este sistema de sinalización termoplástica antideslizante xa está en uso en numerosas cidades europeas, cumprindo todos os parámetros recomendados pola Dirección Xeral de Trafíco (DXT). Inclúen ademais pictogramas, facilitando a súa comprensión por parte dos nenos e das persoas con TEA.
“Son pequenos pasos na procura do noso obxectivo de ter un concello seguro e inclusivo, no que as persoas recuperen o seu protagonismo”, lembra Luis Fernández, concelleiro de Urbanismo, “como as sinais de zona 30 que xa están por todo o casco urbano para reducir a velocidade dos coches”.
O concello instalará máis sinais nos pasos de peóns doutras zonas de Vilalba e continuará nas próximas semanas coas actuacións de humanización e reforzo da seguridade viaria no municipio.