O Concello de Vilalba presenta a XII Carreira das Letras Galegas, que se celebrará o próximo venres 20 de maio no pista de atletismo do estadio da Madalena a partir das 10:30.
O Concello de Vilalba busca con esta proba fomentar uns hábitos de vida saudables entre a poboación máis nova do municipio, á vez que se conmemora unha data moi significativa para a lingua galega.
As inscricións, de balde para todas as categorías, abriranse o próximo 25 de abril e pecharanse o día 6 maio. Será posible inscribirse na web ww.championchipnorte.com ou a través dos docentes de Educación Física dos centros educativos (ou no seu caso, no titor/a da aula). Os docentes contarán cunha folla de rexistro para cubrir todos os datos dos participantes.
As categorías serán mixtas e distribuiranse en función do ano de nacemento: pitufos, 2018-2017; Chupete, 2016; Prebenxamíns, 2015-2014; Benxamín, 2013-2012; Alevín, 2011-2010; Infantil, 2009-2008; Cadete, 2007-2006.
Os participantes recibirán unha auga e unha peza de froita, polo que se deben de indicar as intolerancias no momento da inscrición, tamén se realizará unha entrega de medallas. Cada centro educativo disporá do seu propio espazo no estadio, coa fin de agrupar ao alumnado facilmente.
Os pais, nais ou titores/as legais dos participantes deberán de cubrir a correspondente declaración responsable para autorizar ao neno/a a participar.