O obxectivo principal desta campaña é fomentar o uso do carné para as entidades e tamén para o alumnado, achegando a biblioteca ás máis pequenas e pequenos co fin de motivar a lectura desde a infancia
A Biblioteca Municipal do Concello de Vilalba comezou esta mañá cunha iniciativa para dar a coñecer os servizos que se prestan deste este espazo público nos distintos centros de ensino do municipio.
O obxectivo principal desta campaña é fomentar o uso do carné para as entidades e tamén para o alumnado, achegando a biblioteca ás máis pequenas e pequenos co fin de motivar a lectura desde a infancia.
O Ceip Monseivane xa conta cun carné de socio co que poderá, como centro, pedir en préstamo ata 30 libros. Na xornada de onte, o equipo directivo elixiu os exemplares na propia biblioteca e hoxe leváronse ata o colexio para desfrute de todo o seu alumnado. Desde a Biblioteca lembran que esta posibilidade faise extensible a calquera tipo de entidade, centros educativos, ludotecas, escolas, conservatorio, etc.
Ademais de achegar este material ao centro, explicouse o funcionamento da Biblioteca e fíxose entrega de xeito individualizado dun impreso para asociarse, un marcapáxinas e unha pegatina.
Finalmente, realizouse unha narración de varios contos arredor de tres temáticas: os dereitos do neno/a, a igualdade e a violencia de xénero.