A estrada municipal obxecto da actuación parte dende o núcleo urbán de Vilalba e discorre en dirección Oeste-Este, atravesando as parroquias de Sancovade, Goiriz, Román e Árbol ata rematar na vía de titularidade provincial LU-P-6504
O Concello de Vilalba informa do remate das obras de rexeneración e sinalización da vía de titularidade municipal 065_001, no tramo que comunica o colexio de Román coa estrada provincial LU-P-6504, situada entre as parroquias de Román e Árbol.
Os traballos contaron cun orzamento de 122.000 euros. O concelleiro de Infraestruturas de Vilalba, Luis Fernández, visitou a zona cos pedáneos de San Xurxo, Arturo Fernández, e Árbol, José Anido.
A estrada municipal obxecto da actuación parte dende o núcleo urbán de Vilalba e discorre en dirección Oeste-Este, atravesando as parroquias de Sancovade, Goiriz, Román e Árbol ata rematar na vía de titularidade provincial LU-P-6504.
O seu trazado completo supera os 11 quilómetros de lonxitude, enlazando diversos núcleos de poboación das parroquias polas que discorre e facilitando a circulación dos veciños en dirección a Vilalba, o que a converte nunha das principais estradas locais de todo o municipio.
A superficie de rodadura do vial atopábase pavimentada con firme aglomerado dende o punto de comezo, no núcleo urbán de Vilalba, ata o entronque coa vía 065_005, en Seivane, xunto á zona de acceso ó CEIP Terra Chá, na parroquia de Román. É unha pavimentación recente, polo bo estado do firme de rodadura en toda a superficie deste tramo.
Dende ese punto e ata o entronque coa vía provincial LU-P-6504 a pavimentación mostraba sinais evidentes de desgaste. Este deterioro era debido ó paso do tempo, ás condicións meteorológicas da zona e ó intenso uso ó que se ve sometido pola gran densidade de tráfico lixeiro e pesado que soporta.
Para a mellora e mantemento deste tramo limpáronse os noiros, regularizouse a superficie e a executouse unha nova capa de firme de rodadura a base de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor. Tamén se procedeu á súa sinalización horizontal e vertical.
“A execución desta obra rematou a mellora dunha das principais vías de titularidade municipal de todo o Concello de Vilalba”, explica Luis Fernández.