Os obradoiros realizaranse na Casa da Cultura os martes entre o 5 de outubro e o 30 de novembro en horario de 10.30 a 12.30 h e as mulleres interesadas poden inscribirse ata o día 30 de setembro
Desde o Centro de Información ás Mulleres preséntase o Servizo de apoio integral a mulleres coidadoras. Trátase dun servizo financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e está dirixido a mellorar a saúde e a calidade de vida das mulleres coidadoras non profesionais no ámbito familiar mediante un servizo de apoio integral.
Dentro da programación deste servizo, en Vilalba vanse levar a cabo unha serie de talleres dirixidos a mulleres coidadoras e impartidos por profesionais de Fundación Mujeres.
Os talleres, que son gratuítos, realizaranse na Casa da Cultura os martes entre o 5 de outubro e o 30 de novembro en horario de 10.30 a 12.30 h e as mulleres interesadas poden inscribirse ata o día 30 de setembro chamando ao Centro de Información ás Mulleres no número 982 523 032.
Conscientes de que no noso concello son moitas as mulleres que exercen como coidadoras non profesionais, moitas veces en solitario, solicitamos a vosa colaboración para difusión destes talleres, que consideramos poden ser de gran utilidade e interese.